viernes, 28 de octubre de 2016

A Literatura do 1º terzo do Sec XX

Proxecto



Acontecementos históricos:
Real Academia Galega (1906).

A Real Academia Galega é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se le dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Xesús Alonso Montero, elixido o 20 de abril de 2013, logo da dimisión de Xosé Luís Méndez Ferrín, o 13 de marzo de 2013. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat.



Estreno do himno galego na Habana(1907).
O himno galego, o cal conxuga o poema Os pinos de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga, foi previamente presentado na Habana onde tivo bastante popularidade xa que moitos galegos tiveran que emigrar anteriormente alá.



Creación do partido Solidaridade Galega(1907).
Tralo triunfo electoral da Solidaritat Catalana en 1906, en Galicia aumentan os contactos entre as forzas da oposición para o establecemento dunha forza política que aglutinase os sectores contrarios ao turnismo.
No verán de 1907, 44 persoas asinan o Manifesto Solidario, que deu orixe a Solidaridad Galega na que conflúen os republicanos dirixidos por José Rodríguez Martínez, os republicanos federais de Moreno Barcia, os tradicionalistas de Juan Vázquez de Mella e os rexionalistas de Manuel Murguía, Galo Salinas e Eugenio Ca rré.



O Agrarismo(1907-1912).

O movemento agrario ou agrarismo foi un movemento reivindicativo de masas no cal o campesiñado participou activamente a través das sociedades agrarias e de sindicatos agrícolas no primeiro terzo do século XX. O agrarismo é o termo co que se denomina a organización dos labregos en sociedades agrarias ou en sindicatos agrícolas en Galiza a fins do século XIX e sobre todo a partir de 1907 cando apareceu Solidaridad Gallega que axudou a dinamizar o movemento. Os obxectivos do agrarismo era a loita contra o sistema foral, o cal obrigaba ao campesiñado a pagar rendas abusivas, e contra o caciquismo ademais de promover a renovación técnica do sector agrario galego. A súa pretensión era convertérense en propietarios plenos das terras que traballaban.
O agrarismo constituíu o primeiro movemento de masas da idade contemporánea, da súa implantación por toda Galicia resulta revelador que nos anos vinte existisen máis de mil sociedades agrarias, e durante a República diversificouse ideoloxicamente desaparecendo ao estalar a Guerra Civil española.





Irmandade de Amigos da Fala(1917).

O 18 de maio de 1916, Antón Villar Ponte convocou unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega na Coruña, á que asistiron arredor de 20 persoas, entre as que se encontraban Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, Luís Porteiro Garea, Francisco Tettamancy ou Ramón Villar Ponte, entre outros. Nesta xuntanza acordouse a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala que tería como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia, e nomeouse a Antón Villar Ponte como Primeiro Conselleiro.


Xeración NÓS(1920-1936).
O grupo Nós foi un colectivo de intelectuais ourensáns, constituído legalmente en 1921, que lle deu á cultura galega unha altura intelectual que xamais tivera, principalmente no que se refire á renovación da prosa e do ensaio, así como ao seu cosmopolitismo.
Son representantes dunha xeración que descubrirán e achegaranse a Galicia tras un paseo por varias culturas estranxeiras. Formación intelectual rigorosamente, estes homes realizaron un valioso traballo de estudo e fortaleceron a cultura e a literatura galega. Con eles, a prosa galega supera o costumbrismo e o ruralismo e ábrese a novos horizontes, máis universal e, á vez, máis arraigada na cultura galega.



Seminario de estudos galegos.
O Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi unha institución cultural de Galicia creada en 1923 nun municipio limítrofe con Santiago de Compostela (Ames), para estudiar divulgar o patrimonio cultural galego e para formar investigadores. A Guerra Civil truncou a existencia do Seminario.
Antón Losada Diéguez foi quen tivo a idea de crear un órgano que tivo como función por en valor a cultura galega, unha función que a universidad galega desa época, a Universidade de Santiago de Compostela, non cumplía, ao presentar programas totalmente alleos á realidade, á historia e á cultura galega.
O SEG estaba estruturado en doce seccións e utilizaba como método de traballo os equipos interdisciplinares. Aunque non todos os traballos realizados foron escritos en lingua galega, sí é certo que foi o SEG quen por primera vez utilizou a lingua galega de manera significativa para facer traballo científico.




Instituto de Estudos galegos
É un instituto que forma parte do Consello Superior de Investigacións Científicas de España.E dende entonces, foi un centro de gran importancia para a investigación da cultura e o patrimonio galego. As súas investigacións difundense a través da revista Cuadernos de Estudios Gallegos, de periodicidad anual -unha das revistas científicas en humanidades máis antigas de Galicia-, e por medio das súas dous coleccións de libros: "Estudos" e "Monografías".



Organización Republicana Galega Autónoma.
Foi un partido político de Galicia (España) de tendencia republicana, galeguista, autonomista e de ezquerdas. Foi fundado por Santiago Casares Quiroga e Antonio Vilar Ponte en octubre de 1929 na La Coruña cóa participación das Irmandades da Fala locais. Nun primero momento, os galeguistas eran maioritarios na organización, o que explica que no primer manifiesto a ORGA reclámase unha república federal. Cuando o sector galeguista organizou o seu propio partido (el Partido Galeguista), a ORGA defendeu o autonomismo.




Partido Galeguista.
O 5 e 6 de decembro de 1931 o Partido Galeguista de Pontevedra convoca a VII Asemblea Nacionalista co propósito de crear un partido nacionalista. Á convocatoria acoden 32 grupos e irmandades, entre os que destacan o Grupo Autonomista Galego de Vigo, Labor Galeguista e o Partido Nacionalista Republicano de Ourense. Tamén participan representantes da Federación de Sociedades Galegas da Arxentina e da sección arxentina da ORGA.
Nesta Asemblea decídese a disolución das Irmandades da Fala integrándose os seus membros no Partido Galeguista que nace nese momento. O acordo de constitución reclama, por primeira vez na historia de Galicia, o dereito de autodeterminación e proclama, como primeiro obxectivo político, a redacción dun Estatuto de Autonomía. Castelao e Otero Pedrayo forman parte do Consello Executivo.










Autores:

Ramón Cabanillas Enríquez.
Naceu o día 3 de xuño do ano 1876 en Cambados. En 1915 volve a súa terra desde Cuba, e é entonces cando tén contactos cóa loita agrarista e entra a formar parte das Irmandades da Fala. Deseguido empezou a escribir para o periódico A Nosa Terra e formou parte do partido galeguista.
No ano 1920 Cabanillas convertiuse nun membro da Real Academia Galega, e no ano 1929 da Real Academia Española.
Escribiu libros como:A rosa de cen follas, Camiños no tempo, Antífona da cantiga, Da miña zanfona.
Cabanillas foi apodado có sobrenome do Poeta da Raza, pola súa defensa do galeguismo e tamén polo contenido crítico e social da súa poesía, na que denunciaba as inxusticias sociais e a desigualdade. Ramón Cabanillas falleceu en Cambados o 9 de noviembre del año 1959. 

 



Vicente Martínez Risco
.
A totalidade da obra literaria de Risco vai ser un trasunto do seu pensamento filosófico e político. O seu primeiro texto literario é o relato breve Do caso que lle aconteceu ó Dr. Alveiros, centrado no tema do esoterismo e a maxia.
As seguintes obras de Risco van estar baseadas nas lendas e tradicións populares, O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán. De 1926 é o cadro dramático A Coutada centrado no sentimento da terra e da volta ás orixes, aos devanceiros. En 1927 publicou en Nós algúns capítulos dunha novela que non remataría, Os europeos en Abrantes, unha sátira contra algunhas personalidades coñecidas da intelectualidade de Ourense.
Posteriormente publica a súa única novela, O porco de pé, na cal amosa a súa concepción espiritual da historia, contraria ao materialismo e ao mundo moderno.




Álvaro Cunqueiro
A súa obra literaria, escrita casi íntegra en galego, está en función da realidade sociocultural galega e dunha función pedagóxica de denuncia, para cuxo fin utiliza el humorismo sarcástico o esperpéntico. Expresó fielmente su voluntad de denuncia de las injusticias. Entre as súas obras destaca Un ollo de vidro,Os dous de sempre,Retrincos...
Como dramaturgo merece la pena citar la obra Os vellos no deben namorarse.




Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo.
Considerado o "Patriarca das letras galegas", pertenceu á Xeración Nós e é un dos máis preclaros escritores galegos. Traballou diversos xéneros: ensaio, novela, poesía, ademais dos estudos científicos de xeografía da súa cátedra da Universidade de Santiago.Entre as súas novelas destacan Os camiños da vida e O mesón dos Ermos, Arredor.





Eduardo Modesto Blanco Amor.
Catro novelas e un libro de contos constitúen a súa extraordinaria aportación á literatura galega e española.Toda a obra narrativa de Blanco Amor se desenvolve no mesmo lugar: Auria, trasunto do Ourense natal do escritor. Mais este Ourense que vemos nas páxinas destes libros é, si, o Ourense real coas súas rúas, prazas, arrabaldos, igrexas, fontes e comercios, mais é tamén un Ourense enfeitado, mitificado que evita certas realidades desagradábeis, pouco poéticas, tristes, vulgares. As suas principales obras son A Esmorga e Romances Galegos.




Luís Pimentel.
Na súa obra apréciase unha síntesis de movimentos vanguardistas dentro e fora de Galicia. Foi o autor de Triscos e de Sombra do aire na herba en galego. En castellán escribiu Barco sin luces, obra tamén póstuma que recolle poemas de 1927.






Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.
Foi un escritor polifacético, e a súa extensa obra literaria abarca os campos periodísticos, poéticos, narrativos e teatrais, así como traballos de tradución. As súas principais obras foron Mar ao norde, e Poemas do si e do non, Cantiga nova que se chama Riveira, Merlín e familia e outras historias, As crónicas do sochantre e Se o vello Simbad volvese ás illas.

 






Este proyecto foi realizado por: Alejandro Santos Fernández, Angel Perez Bouzas e Ruben Roza Castro.
Nel axudamos todos en cada parte, na do preproxecto foi algo colectivo, na busqueda de informacion Angel e Alejandro buscamos os autores e Ruben os acontecementos importantes, na creacion das Cartulinas principalmente foron feitas por Alejandro e Angel, e Ruben fixo os titulos, borrou liñas e axudounos a facelo o mais visual posible.

Os materiais que empregamos para as cartulinas foron:
Un rotulador permanente.
Bolis.
5 Cartulinas de cores: Azul, Vermello, Amarelo, Naranxa e Verde.
Fotografias impresas.
Pegamento.
Lapis.
Regra.

As cartulinas foron postas nos corredore do Instituto para que os estudantes deste podan informarse sobre a literatura galega do 1º terzo do sec. XX