martes, 7 de febrero de 2017

Terceiro Proxecto.

Proxecto
Acontecimentos históricos:
  • Estatuto de Autonomía de Galicia (1936):
O Estatuto de Autonomía de Galicia foi apoiado maioritariamente en referendo o 28 de xuño de 1936 pero tan só foi admitido a trámite por mor da Guerra Civil española e tamén debido a que Galicia foi territorio en poder dos sublevados dende o inicio da contenda.

Algúns dos principais artigos do Estatuto eran:
Art.1.º Galicia organízase como rexión autónoma no Estado Español, de conformidade coa Constitución da República e co presente Estatuto.
O seu territorio é o dos municipios dentro dos actuais límites administrativos das catro provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Art.2.º Poderase agregar a Galicia calquera territorio limítrofe de características históricas, culturais, económicas e xeográficas análogas, mediante os requisitos que as leis xerais establezan.
Art.4.º Serán idiomas oficiais en Galicia o castelán e o galego; pero nas relacións oficiais da rexión con autoridades doutras rexións e co Estado, usarase sempre o castelán.

  • Constitución española de 1978:
Como parte da Transición Española cara á democracia, a morte do ditador Xeral Francisco Franco, o 20 de novembro de 1975, supuxo a proclamación como rei de Don Juan Carlos I, e pouco despois, en xullo de 1976, a formación dun Goberno presidido por Adolfo Suárez González, e designado segundo a lexislación vixente.




  • Lei de normalización lingüística:
Foi publicada o 14 de xullo de 1983.A lei de Normalización Lingüística é un desenvolvemento do estatuto de autonomía de Galicia que ten como obxectivo normalizar a situación do idioma galego tanto na súa situación legal como no seu uso.

Entre as súas disposicións mais importantes figuran:
Artigo 1: O galego é a lingua propia de Galicia.
Artigo 3: Os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua.
Artigo 10: 1. Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.
Artigo 14: 1. A lingua galega é materia de estudio obrigatorio en tódolos niveis educativos non universitarios. Garantirase o uso efectivo deste dereito en tódolos centros públicos e privados.





Poesía de finais do século XX:
Durante o final do século XX en Galicia a poesía estaba escrita principalmente por por numerosos grupos de autores entre os que destacan Grupo Rompente, Cravo Fondo, Loia, Dolmen, Alén…
Tamén destacan autores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Arcadio López-Casanova, Eduardo Estévez, Celso Fernández Sanmartín...



Narrativa de finais do século XX:

Con posterioridade á Nova Narrativa Galega, apréciase na narrativa galega unha grande dispersión de estilos e tendencias. Nesta época, a produción neste xénero coñecerá unha máis que notábel ampliación temática, así como tamén un incremento na nómina de subxéneros (novela policial, novela histórica, novela pseudohistórica, novela infanto-xuvenil, novela de aventuras,...) debida en boa parte á incorporación dun novo público xuvenil -a denominada "literatura de instituto"- para o que se escriben textos supostamente accesibles.
Tipos:
  • A) Novela histórica: trátase de textos que recrean a historia de Galicia desde un triplo posicionamento: rescatar, mediante a ficción, esa historia como elemento nacionalitario; procura dun público afeccionado a este subxénero que ata o momento non existía en galego; establecer un verdadeiro exercicio lingüístico que posibilite a madurez da narración en lingua galega.
  • B) Novela policíaca: ademais da función de puro divertimento, moitos destes textos pretenden incorporar unha verdadeira radiografía da sociedade galega moderna con todo o conxunto de transformacións e cambios sociais, políticos, culturais... que se están a vivir no seu seo.
  • C) Novela intimista ou xeracional: rexístranse un conxunto de novelas e relatos que levan adiante unha exploración na educación sentimental dos seus protagonistas vinculados ás xeracións que viviron a súa infancia nos derradeiros anos do franquismo.
  • D) Novela fantástico-política: trátase de obras que presentan momentos da historia desde a óptica do "if", xa sexa no pasado ou no futuro para levar adiante unha crítica da nosa historia ou unha proxección posible da mesma.
  • E) Novela urbana: emparentada co chamado "realismo sucio", vén ser unha posta ao día do costumisto con carga de denuncia social e afán de representar a sociedade galega cambiante da Autonomía.

A narrativa de finais do século foi escrita  por numerosos autores como Agustín Fernández Paz, Xosé Luis Méndez Ferrín, Carlos Casares, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey





O Teatro de finais do século XX


No teatro os que faran que cambie serán os dramaturgos do grupo Abrente.
Aínda coa existencia do teatro institucional, os grupos afeccionados seguirán a dominar no panorama dramático galego.

De feito, a profesora Laura Tato, no seu traballo O teatro actual , afirma que, na primeira metade da década de 1990, Galiza só contaba con catro compañías profesionais á marxe do CDG. Derivado desta situación, chégase a tesituras realmente kafkianas. Así, por pór un exemplo, un dos dramaturgos e actores máis experimentados, Manuel Lourenzo, engrosou, ata a súa aparición nunha coñecida serie televisiva (Mareas vivas), a listaxe de afeccionados.

Debemos sinalar tamén que os premios de teatro axudan a normalizar a creación teatral, entre os que podemos mencionar: o Álvaro Cunqueiro da Xunta de Galicia, o Rafael Dieste da Deputación da Coruña e mesmo os Premios Compostela de Teatro do xornal El Correo Gallego.

Canto aos novos creadores, está xeralmente admitida a existencia dunha promoción dos oitenta e mais dunha promoción dos noventa. A pesar disto, non todos os estudosos teatrais coinciden en fixar os mesmos límites para o inicio e a fin das mesmas.




O ensaio de finais do século XX

O ensaio non tivo moita actividade aínda que aparecen sinais de recuperación tras a escasa produción durante a Guerra Civil os principais ensaístas desta época foron Ramón Máiz, Xusto González, Pegerto Saavedra, Xosé Ramón Barreiro, Ramón Villares...




A situación actual:
Actualmente o xénero máis desenvolvido en galego e a narrativa pero tamén hai obras de teatro e poesía.
  • A partir de 1975 orixinouse un aumento significativo da producción literaria en galego, entre outros, as circunstancias que posibilitaron isto foron:
  • O xurdimento de novas editorias que deron un novo pulo á publicación de textos en galego.
  • Aumentaron a publicación de libros en galego, sobre todo a partir da incorporación do galego no ensino.
  • As editorias incorporaron traduciós ao galego dos grandes clásicos da literatura universal, o que posibilitou o aceso dos lectores a esas obras na nosa lingua.
  • Créaronse premios literarios que contribúen á difusión de novos autores e novas obras.
  • Nos últimos anos tamén se pode conseguir literatura a traves de internet, xa que contamos con editorias electrónicas e ademáis algúns escritores non so publican as sua obras en papel, senon que tamén en versión dixital.

  • Todo isto provocou  que se multiplicaran o número de libros en poesía, narrativa, así coma montaxes teatrais.





Temas: Preguntas do xogo.
  • Autores e editoriais:


  • 1º Cal destes autores aínda vivo gañou o Premio Nacional de Literatura no ano 2008?
a)Xosé Luís Ferrín       b)Fina Casalderrey    c)Manuel Machado

  • 2º Cal destes autores é o fundador da  Editorial Galaxia?
a) Ramón Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro        b)Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal        c)Castelao, Álvaro Cunqueiro, Méndez Ferrín

  • 3º Cando se fundou a Editorial Galaxia?
a)2000         b)1569         c)1951


  • 4º Quen foi o primer presidente de Galicia despois da República?
a)Alberto Ñúñez Feijoo          b)Mariano Rajoy Brey        c) Gerardo Fernández Albor

  • 5º Cal destas obras de Ramón Cabanillas pertence ao xénero teatral?
a)No desterro             b)Camiños no tempo                c)O Mariscal


  • 6º Cal destas obras pertence a Agustín Fernández Paz?
a)Camiños no tempo      b)Cartas de inverno   c)Cartas marruecas

  • 7º Cal destes autores destacou principalmente no ensaio?
a)Pegerto Saavedra       b)Eduardo Blanco Amor    c)Ramón María de Valle-Inclán

  • 8º Cal destes movementos foi creado por Ramón María de Valle-Inclán?
a)Realismo               b)Modernismo         c)Esperpento

  • 9º Cal destes autores exerceu como director do Faro de Vigo?
a)Álvaro Cunqueiro      b)Castelao      c)Rosalía de Castro

  • 10º Quen é o autor/a da obra Follas novas?
Rosalía de Castro

  • 11º Cando celébrase o día das Letras Galegas?
O 17 de maio

  • 12º Cal destas obras pertence a Fina Casalderrey?
a)Cartas marruecas     b)Mutacións Xenéticas   c)Os Eoas

  • 13º Que escritor, xunto ao músico Pascual Veiga, deu vida ao actual Himno Galego?
Eduardo Pondal

  • 14º Quen é o autor da obra O Divino Sainete?
Manuel Curros de Enríquez


Xeografía de Galicia
  • 1º A que autor está dedicado o monumento situado na alameda de Redondela?
Castelao


  • 2º Cal é o nome do autor galego que lle da nome ao hospital de Vigo?
Álvaro Cunqueiro

  • 3º Cal é o nome do famoso faro da Coruña?
A Torre de Hércules

  • 4º En que cidade galega naceu Rosalía de Castro?
Santiago de Compostela

  • 5º Cal é o punto máis occidental da Península Ibérica?
Fisterra

  • 6º Cantas rías hai na costa das Rías Baixas de Galicia?
5:Corcubión, Vigo, Muros de Noia, Arousa e Pontevedra

  • 7º Cal e o pico máis alto de Galicia?
Pena Trevinca

  • 8º Cal é o afluente máis importante do río Miño?
O río Sil

  • 9º En que arquípelago galego encóntrase a praia de Rodas, elexida pola revista The Guardian como a praia máis fermosa do mundo?
As illas Cíes

  • 10º En que costa de Galicia afundiuse o Prestige?
Na Costa da Morte

  • 11ºCal é o edificio máis alto de Galicia?
a)Edificio Trébol           b)Torre Galicia        c)Torre Costa Rica









Historia de Galicia
  • 1º Ano no que Franco deu o golpe de estado
a)1936           b) 1900            c)1945

  • 2º En que ano fúndouse o primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia?
a)1803        b)1981          c)2006

  • 3º En que ano foi publicada a Lei de Normalización Lingüística de Galicia?
a)1638          b)2007           c)1983

  • 4º Cales son as cidades máis poboadas de Galega?
a)Lugo e Ourense       b)Vigo e A Coruña       c)A Coruña e Pontevedra

  • 5º Como se chamaba Galicia durante a invasión romana?
a)Gallaecia           b)Galaica        c)Galia

  • 6º Que pobo xermano invadiu Galicia no siglo V?
a)Teutóns         b)Suevos          c)Tudescos


  • 7º En cantos reinos estaba dividido Galicia no século IX?
7

  • 8º Cando se integrou definitivamente Galicia na Coroa de Castela?
a)1895             b)972            c)1230

  • 9º Cando se separou Portugal de Galicia?
a)386              b)1169          c)1548

  • 10º Cando se creou a Real Academia Galega?
a)2002        b)1945      c)1906

  • 11º Quen foi o guerreiro máis famoso de Galicia?
a)Arturo           b)Breogán         c)Ricardo Corazón de León

  • 12º Cando se formou a Xunta de Galicia?
a)1978        b)2000         c)1872





  • Obras
1º A quen pertence: Xoguetes para un tempo prohibido?
a)Carlos Casares    b)Padre Sarmiento     c)Luis Seoane

2º A quen pertence: Memorias dun neno labrego?
a)Rosalía de Castro  b)Xosé Neira Vilas  c)Eduardo Pondal

A quen pertence: Longa noite de pedra?
a)Manuel Curros Enríquez  b)Manuel Murguia  c)Celso Emilio Ferreiro

4º A quen pertence:Con pólvora e magnolias?
a)Castelao  b)Alvaro cunqueiro  c) X.L. Méndez Ferrín

A quen pertence: Os biosbardos?
a)Eduardo Blanco Amor      b)Eduardo Pondal       c)Marilar Aleixandre

A quen pertence: Si o vello Sinbad volvese ás illas?
a)Rosalía de Castro       b)Álvaro Cunqueiro       c)Ramón Cabanillas

A quen pertence: Retorno a Tagen Ata?
a)Castelao                   b)Valle-Inclán             c)Xosé Luís Ferrín

A quen pertence: O soño sulagado?
a)Manuel Murgía        b)Celso Emilio Ferreiro       c)Xosé Neira Vilas

A quen pertence: A Esmorga?
a)Fina Casalderrey      b)Manuel María         c)Eduardo Blanco Amor

10º A quen pertence: Libro de Entroido?
a)Manuel Rivas          b)Castelao          c)Manuel Curros Enríquez

11º A quen pertence: A noite vai coma un río?
a)Ánxel Fole         b)Álvaro Cunqueiro         c)Antonio Noriega

12º A quen pertence: Voce na néboa?
a)Xosé Luís Méndez Ferrín         b)Agustín Fernández Paz         c)Carlos Casares



Identificación de géneros literarios

1ºA que xénero pertence: Longa noite de pedra.

(Poesía)


2ºA que xénero pertence: A Esmorga
(Narrativa)

3ºA que xénero pertence: Si o vello Sinbad volvese ás illas
(Narrativa)

4ºA que xénero pertence: Non vexo Vigo nin Cangas
(Poesía)

5º A que xénero pertence: Lingua e sociedade na Galiza
(Ensaio)

6º A que xénero pertence: E ti quen vés sendo.
(Teatro)

7º A que xénero pertence: Libro de Entroido.
(Poesía)

8º A que xénero pertence: Antón e os inocentes.
(Narrativa)
9º A que xénero pertence: Voce na néboa.
(Poesía)

10º A que xénero pertence: O soño sulagado.
(Narrativa)

11º A que xénero pertence: A noite vai coma un río.
(Teatro)

12º A que xénero pertence: A cociña galega.
( Ensayo)





  • Situación actual
  • 1º Hay máis edicións de libros en galego ou de traducións?


  • 2º Está o galego representado abundantemente na música, noticias, deportes…?Razoa a resposta


  • 3º Cal das seguintes autoras segue escribindo actualmente?
a)Marilar Aleixandre        b)Luz Pozo          c)Rosalía de Castro


  • 4º Como se chama o presentador do programa da TVG Land Rober?


  • 5º Cando foi a primeira emisión da TVG?
a)1985             b)2010         c)1893

  • 6º Decide 3 programas actuales da TVG


  • 7º Que canción tocou a Rondalla de Mos o día de Reis e Redondela?


  • 8º Que grupo de xóvenes galegos está despuntando nas listas de música de España?


  • 9º Quen foi o deportista galego que gañou o premio princesa de Asturias dos deportes?


  • 10º Quen é o músico galego máis importante (que toca a gaita)?


  • 11º Que equipo galego está en segunda división da liga española de futbol?


  • 12º Cal é o xornal galego máis lido?
A Voz de Galicia


Este traballo foi realizado por:
Angel Pérez Bouzas
Rubén Roza Castro
Alejandro Santos Fernández

Todas as persoas mecionadas na parte de arriba traballaron no traballo de forma equitativa, de forma que todos participaron en cada unha das partes do proxecto.

Materiais:
-Papel
-Impresora
-Tablero do trivial. 
-Dados
-Ideas
-Tempo