Definición da situación do galego no pasado
A comezos do século XX constátase unha recuperación do galego como idioma literario, cultural e histórico, sobre todo tras a creación da Real Academia Galega en 1906. posteriormente, o galego comezou a desenvolverse a través das Irmandades da Fala e do Grupo Nós. Os autores máis importantes desta época son Castelao, Otero Pedrayo e Vicente Risco. Aínda que durante a Guerra Civil, falar galego estivo prohibido, o que fixo que este idioma perdera unha gran parte dos seus falantes. Comezou a recuperación destes no ano 1950 coa aparición da editorial Galaxia. Nos anos 60 seguiu a recuperación do galego tras a censura, grazas ás obras publicadas por Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole. Nesa época, os medios de comunicación en galego incrementaron moito a súa influencia na sociedade galega. Nos anos 70 e coa chegada da democracia, o idioma galego comezou a ser utilizado ademais da lírica e da narrativa, no ensaio e no teatro. O principal escritor en galego dende os anos 60 é Xosé Luís Méndez Ferrín.
No século XXI a lingua galega segue viva, protexida pola lexislación vixente e cun número de falantes importante.A súa situación social é incerta e no último medio século reduciu á metade o número de falantes iniciais. Hoxe, o groso dos galegofalantes aséntase sobre unha franxa de idade superior aos 55 anos, mentres que as novas xeracións teñen como lingua inicial o castelán.
Razóns polas cales o galego evolucionou ata hoxe
- A primeira razón que deberiamos salientar sería o exilio, xa que cando todos aqueles galegos marcharon para a América leváronse con eles o galego, e cando Franco chegou ao poder fixo todo o posible para eliminar todas as linguas de España excepto o castelán. Por sorte moitos autores para poder seguindo a publicar en galego marcháronse a Latino-América onde estarían a salvo da ditadura que se sufría naquela época en España, desta forma o galego seguiu falándose no estranxeiro, salvándose así da súa desaparición.
- A segunda razón serían todos os autores que intentaron recuperar o prestixio que tivera o galego no pasado e fora arrebatado por Isabel a Católica, caben destacar os traballos de Pondal, de Curros e de Rosalía de Castro (persoa a que lle debemos a letra do himno galego). Pero por desgraza os avances conseguidos por estas persoas e moitas máis foron irrumpidas pola ditadura de Franco.
- A terceira razón do avance do galego na sociedade foi a creación da Ed.Galáxia, que facilitou moito a volta do galego a Galicia en plena ditadura. A Ed.Galaxia foi creada en 1950 en Santiago de Compostela e comezou a funcionar plenamente en 1951, e aínda que a súa produción foi irrumpida en varias veces polo estado, publicou unha gran cantidade de libros en galego, o que fixo que os autores galegos que se habían adicado a publicar as súas obras en galego e a loitar contra a opresión que sufría a súa lingua, puideran facelo directamente en Galiza en vez de en Latino-América.
- A cuarta razón situase despois da ditadura de Franco, son os autores que seguiron loitando pola normalización do galego e polas protestas realizadas polos propios cidadáns de galiza, sobre todo a xente da cidade que era a que tiña máis recursos. Entre os autores destacados deste momento foron Celso Emilio Ferreiro, Luz Pozo Garza, Xosé Luís Méndez Ferrín.
A influencia das novas tecnoloxías
A primeira publicación periódica escrita integramente en galego foi O Tío Marcos da Portela en 1876 da man de Valentín Lamas. Ao principio publicábase quincenalmente, e despois pasou a publicarse xa semanalmente.
No primeiro terzo do século XX aparecen novas cabeceiras como A Nosa Terra, Nós, etc. E xa coa chegada da democracia, a presenza da lingua galega incrementa na prensa escrita ainda que non será ata finais de século cando se publique o primeiro xornal diario integramente en galego: O Correo Galego (1994), que posteriormente sería sustituido por Galicia Hoxe que finalmente desaparece en 2011 en formato escrito manténdose unicamente en edición dixital. Despois aparecerían numerosos xornais e revistas como O Xornal ou Tempos.
Coa incorporación de Internet, moitas destas publicacións difundiron tamén os contidos en formato dixital. A maioría destes contan con páxinas en Facebook, Twitter e canles de Youtube. Algúns destes xornais son Galicia Confidencial, Tempos, Praza Pública, etc.
Novas formas de literatura
Coa chegada de internet a literatura galega estableceuse neste medio comodamente xa que contamos con numerosas páxinas web, blogs, xornais dixitais, etc. ademáis de programas, aplicacións e recursos que nos permiten manexarse en galego. Inda así, esta presenza é mínima comparada coa do castelán e sobre todo coa do inglés.
Internet ao día de hoxe é o medio de comunicación cunha maior proxección de futuro e o que ten unha maior difusión internacional. A Rede e as novas tecnoloxías ofrecen unha canle para a difusión, o prestixio e a multiplicación das funcións sociais da lingua galega. En definitiva, abren as portas á posibilidade de facer vida en galego.
Medios de Comunicación
O galego chegou a televisión o 24 de julio de 1985 grazas á televisión de Galicia. A súa primeira emisión por vía satélite foi o 31 de diciembre de 1996 cun programa inaugural na explana da do centro de produción e emisión de San Marcos. Actualmente, os seus principais programas son Land Rober e Luar. en canto á prensa, existen numerosos xornais en galego, como A Voz de Galicia, o Faro de Vigo ou o Diario de Pontevedra. Estes dous primeiros son, con diferencia os de máis tirada en Galicia e están entre os dez con máis lectores de España.
Entre as emisoras de radio galegas atópase a Radio Galega, xunto ás frecuencias das emisoras españolas.
Prexuizos
A partir do século XVI Galicia quedou subordinada política e culturalmente a Castela e isto supuxo a penetración do idioma castelán, que se converteu na lingua escrita e na única usada nos usos formais, mentres que o galego, ainda sendo o idioma da inmensa maioría de poboación, quedou relegado aos usos orais e coloquiais das clases populares. Como consecuencia da desigual repartición de usos entre ambas linguas, na conciencia dos falantes creáronse unha serie de valoracións negativas que ainda seguen existindo:
- A suposta falta de utilidade do galego
- O galego asociado ao mundo rural, á pobreza, á ignorancia e ao atraso.
- O uso do galego como sinal de descortesía ou mala educación
- A suposta imposición do galego
- O galego como marca ideolóxica
- O galego como lingua primitiva ou dialecto
- O galego normativo comolingua artificial
- O gaelgo non é unha lingua apta para a ciencia
O Uso do Galego
Actualmente o galego está deixando de ser a primeira lingua que aprendemos de pequenos, e non é porque os familiares non o coñecen, se non porque pensan que có castelán terá máis posibilidades na vida que co galego. Houbo ocasións nas que aínda que os pais falaban galego falábanlle aos nen@s en galego, estes deciden falar castelán porque os seus amigos o falan ou se senten discriminados por eso.