viernes, 28 de abril de 2017

1º- Proxecto da 3º Avaliación

Proxecto


  • Princípio do século XX:
 A comezos do século XX Galicia é maioritariamente rural e                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                         entre o 80 e o 90% da poboación, mentres que o castelán era a  lingua das clases sociais máis adiñeiradas.
Demograficamente o galego era, sen dúbida, a lingua maioritaria. O castelán era moi minoritario e só se falaba nas cidades e nalgunhas vilas onde residían as clases altas  con maior poder económico. Mentres, o galego, ao ser a lingua das clases baixas non gozaba de prestixio social, estaba marxinado da cultura e da escrita e carecía do rexistro culto necesario para eses usos. Desta situación xurdiron os prexuízos que o cualificaban como lingua inculta, incapaz de servir para a comunicación intelectual.
Os seus propios falantes eran conscientes desa relación de subordinación con respecto ao castelán, polo que intentaban cambiar de lingua cando se dirixían a persoas das clases altas e acomodadas (médicos, avogados, comerciantes…)

  • Aparición de agrupacións có obxectivo de superar os problemas do galego.
Co obxectivo de superar esta situación, xorden neste primeiro terzo agrupacións e organismos moi relevantes política e culturalmente para Galicia e a lingua galega:
• As Irmandades da Fala, creadas en 1916, e o seu voceiro, a revista A nosa Terra (1916-1936)
• O Grupo Nós e a súa revista Nós, (1920).
• O Seminario de Estudos Galegos (SEG), fundado en 1923.
Os intelectuais comprometidos nestes tres proxectos esforzáronse en dotar á lingua dun rexistro formal e científico e convertela así en lingua de cultura. Defenden a lingua de xeito práctico e activo: fan un verdadeiro papel normalizador empregando o galego en contextos nos que estivera marxinado durante séculos.

  • República Española (1931-1936)
En 1931, proclámase a II República na que se declara oficial o castelán no ensino infantil e primario, e aínda que se reclamou a oficialidade do galego, isto nunca chegou.
En 1932 comézase a contemplar a oficialidade do galego en España e en Galicia, ao igual que a creación dos Estatutos de Autonomía, pero non é ata 1936 cando isto se leva a cabo, este feito declara o galego cooficial co castelán e fai que se inclúa no ensino.
Ademais, en 1931, fundouse o Partido Galeguista, de carácter nacionalista galego, que axudou moito á literatura e á cultura galega.


  • Guerra Civil (1936-1939)
O inicio da Guerra Civil produciuse en 1936 có golpe de estado de Francisco Franco, a partir dese momento Galiza entrou nun estado de restrición da súa lingua. Na que o intento de realizar o estatuto de autonomía de Galiza en 1936 quedou paralizado. Todos os avances que realizou a Real Academia Galega coa fixación do galego e depuración quedaron inmóbiles e ata se retrocedeu no aspecto dos avances.

  • Réxime Franquista (1939-1975)
Durante a ditadura de Franco o galego prohibiuse en calquera das competencias lingüísticas aínda que se seguiu falando, sobre todo no rural e no ámbito familiar.
En canto aos autores/as que realizaban as súas obras en galego foron perseguidos e a gran maioría marcháronse ao exilio en América, tanto para salvar a súa vida como para poder seguir publicando obras en galego. Non foi ata 1950 coa creación da Ed.Galaxia, cando comézase a realizar publicacións en galego na  Península Ibérica, pero aínda que o estado franquista dera a súa aprobación para a creación desta editorial, foi paralizada en moitas ocasións, unha das razóns era que algunhas das obras publicadas tiñan unha mensaxe agochada en contra da ditadura ou un oposicionamento directo a ela. Non foi ata 1975 coa morte de Franco cando o galego recuperou a liberdade perdida, aínda que para ese momento os prexuízos cara o galego estaban demasiado expandidos.

  • Constitución Española (1978)
O fenómeno de desgaleguización social avanza a un ritmo moito máis acelerado: a xente marcha ás cidades e deixa de lle falar galego aos fillos, o ensino, a Igrexa e os medios de comunicación só usan o castelán.
Mais, malia todos os atrancos, o galego segue sendo, no ano 1975, a lingua maioritaria do país (75-80%).
No camiño de busca dunha norma culta aumenta a conciencia da súa necesidade, e podemos caracterizala polo desexo de simplificación ortográfica (eliminación de guións e apóstrofos) e de depuración léxica (rexeitamento de castelanismos, incorporación de neoloxismos e cultismos...)
No ano 1978, Galicia igual có resto do Estado, volve a contar cunha Constitución democrática que no seu articulado proclama a "vontade de protexer a todos os españois e pobos de España no exercicio dos dereitos humanos, as súas culturas e tradicións, linguas e institucións", ao tempo que senta as bases dunha nova configuración xurídico-política: o Estado das Autonomías. Co réxime democrático Galicia convértese en Comunidade Autónoma, tendo como linguas oficiais o galego e o castelán se ben a Constitución marca o dereito e o deber de coñecer o castelán pero só o dereito de coñecer o galego para os cidadáns galegos.

  • Estatuto de Autonomía de Galicia (1981)
O Estatuto de Autonomía de galiza (ou sinxelamente Estatuto de Galicia), é a norma institucional básica de Galiza. No marco da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galiza, recoñece a esta comunidade autónoma a súa condición de nacionalidade histórica. Di que os poderes nos que se basea son o propio Estatuto, a Constitución e o pobo galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre todos cantos integran o pobo galego.
       No estatuto recóllese entre outras cousas:
  • O recoñecemento do galego como lingua propia de Galiza (e a cooficialidade co castelán)
  • Os símbolos propios do país galego: bandeira, escudo,...
  • A división e organización administrativa do territorio en provincias, comarcas e parroquias rurais
  • O recoñecemento das comunidades galegas no estranxeiro
  • Facenda e patrimonio propios
  • Diversas competencias de acordo coa Constitución e as leis de solidariedade entre as comunidades que conforman España.


  • Lei de Normalización Lingüística (1983)
A Lei de Normalización Lingüística ou Lei 3/1983, (publicada no DOG nº 84, de 14 de xullo de 1983) é un desenvolvemento do estatuto de autonomía de Galiza que ten como obxectivo normalizar a situación do idioma galego tanto na súa situación legal como no seu uso. Carlos Casares Mouriño participou na súa redacción.
Como di na súa introdución:
A lingua é a maior e máis orixinal creación colectiva dos galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle dá unidade interna á nosa comunidade.
Esta lei regula os dereitos lingüísticos dos galegos e o status das linguas oficiais na comunidade autónoma galega (ademais de protexer o galego exterior)
Entre as súas disposicións mais importantes figuran:
  1. Artigo 1: O galego é a lingua propia de Galicia.

  1. Artigo 3: Os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua.

  1. Artigo 10: 1. Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.

  1. Artigo 14: 1. A lingua galega é materia de estudo obrigatorio en tódolos niveis educativos non universitarios. Garantirase o uso efectivo deste dereito en tódolos centros públicos e privados.


  • Incorporación do galego como lingua vehicular a nivel administrativo (1985)
No ano 1985 xorden a Televisión de Galicia e a Radio Galega. O primeiro foi -e aínda é- un motivo fundamental para manter presente a lingua galega nos medios de comunicación audiovisuais e contribuír á normalización da lingua neste ámbito ata este entón bastante desasistida. En canto á Radio Galega, tamén tivo e ten o mérito de manter unha canle monolingüe de calidade e con interese pola cultura propia. Ambos os dous medios son referentes canto á calidade no mundo dos medios de comunicación actuais, e presentan taxas de audiencia aceptables e, nalgúns programas, altos. Foi especialmente a Televisión de Galicia a que rompeu máis tópicos e prexuízos ao pór a falar en galego persoas das máis variadas nacionalidades e tempos. No século XXI a nosa lingua segue a se manter viva, protexida pola lexislación vixente, e cun elevado número de falantes. Só queda, pois, facer camiño tomando como exemplo o teimudo labor daqueles que, dentro e fóra de Galicia, nunca deixaron de traballar pola normalización da nosa lingua. 








REVERSIÓN SOCIAL 
 Nesta Reversión realizamos a seguinte encuesta:

Enquisa


1- Cal é a lingua materna do seu fillo/a?
  a)Galego
  b)Galego e castelán
  c)Castelán




2- Cal é a lingua habitual que fala o seu fillo/a con vostede?
  a)Galego
  b)Galego e castelán
  c)Castelán



3- En qué lingua preferiría que o seu fillo/a fose educado na escola?
  a)En galego
  b)A maioría das asignaturas en galego
  c)A metade das asignaturas en castelán e a outra metade en galego
  d)A maioría das asignaturas en castelán
  e)Todas en castelán



4- En qué lingua preferiría que estiveran escritos os libros de texto dos seus fillos?
  a)En galego
  b)A maioría das asignaturas en galego
  c)A metade das asignaturas en castelán e a outra metade en galego
  d)A maioría das asignaturas en castelán
  e)Todas en castelán




5- En que idioma preferiría que o seu fillo realizara os exames das materias diferentes á lingua galega?
  a)Galego
  b)Castelán
  c)É indiferente




6- Cal é a súa lingua materna?
   a)Galego
   b)Castelán
   c)Outra




7- Que lingua utiliza vostede habitualmente?
   a)Galego
   b)Castelán

8- Defende e apoia o galego?
    a)Si
    b)No
    c) É indiferente



9- Cree que o galego está perdendo falantes?
  a)Sí
  b)No




10- Cómo fablaba cós seus pais?
   a) Só galego
   b) Só castelán
   c) Máis galego
   d) Máis castelán
   e) Os dous por igual





11-Cómo fala cós seus amigos?
   a) Sólo galego
   b) Sólo castelán
   c) Máis galego
   d) Máis castelán
   e) Os dous por igual



12- Nos servicios públicos (hospital, biblioteca...) fala:
   a) Só galego
   b) Só castelán
   c) Máis galego
   d) Máis castelán
   e) Os dous igual




13- ¿Está de acordo coa difusión e a normalización da lingua galega?
   a) Sí
   b) Non
   c) Dame igual




14- Uso da lingua galega (pode escoller máis dunha opción):
   a) Sei ler
   b) Sei falar
   c) Entendo
   d) Todas as anteriores    


15- Ten algún prexuízo sobre o galego? Cal?
………………………………………………………………...


 Estes foron os resultados:


 

Os principais prexuízos sobre a lingua galega son:


  • O galego é para a xente das aldeas e do monte      
  • O galego non para de cambiar a súa normativa e é moi difícil de falar
  • O galego é lingua de pobres e brutos




    Neste traballo colaboramos: Javier Mera Conde, Rubén Roza Castro, Ángel Pérez Bouzas e Alejandro Santos Fernández.



                                                     THE
                                                     END 


viernes, 17 de marzo de 2017

Cuarto Proxecto

Entrade en falemos-galego.blogspot.com.es

Proxecto

Definición da situación do galego no pasado
A comezos do século XX constátase unha recuperación do galego como idioma literario, cultural e histórico, sobre todo tras a creación da Real Academia Galega en 1906. posteriormente, o galego comezou a desenvolverse a través das Irmandades da Fala e do Grupo Nós. Os autores máis importantes desta época son Castelao, Otero Pedrayo e Vicente Risco. Aínda que durante a Guerra Civil, falar galego estivo prohibido, o que fixo que este idioma perdera unha gran parte dos seus falantes. Comezou a recuperación destes no ano 1950 coa aparición da editorial Galaxia. Nos anos 60 seguiu a recuperación do galego tras a censura, grazas ás obras publicadas por Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole. Nesa época, os medios de comunicación en galego incrementaron moito a súa influencia na sociedade galega. Nos anos 70 e coa chegada da democracia, o idioma galego comezou a ser utilizado ademais da lírica e da narrativa, no ensaio e no teatro. O principal escritor en galego dende os anos 60 é Xosé Luís Méndez Ferrín.
No século XXI a lingua galega segue viva, protexida pola lexislación vixente e cun número de falantes importante.A súa situación social é incerta e no último medio século reduciu á metade o número de falantes iniciais. Hoxe, o groso dos galegofalantes aséntase sobre unha franxa de idade superior aos 55 anos, mentres que as novas xeracións teñen como lingua inicial o castelán.







Razóns polas cales o galego evolucionou ata hoxe

  • A primeira razón que deberiamos salientar sería o exilio, xa que cando todos aqueles galegos marcharon para a América leváronse con eles o galego, e cando Franco chegou ao poder fixo todo o posible para eliminar todas as linguas de España excepto o castelán. Por sorte moitos autores para poder seguindo a publicar en galego marcháronse a Latino-América onde estarían a salvo da ditadura que se sufría naquela época en España, desta forma o galego seguiu falándose no estranxeiro, salvándose así da súa desaparición.

  • A segunda razón serían todos os autores que intentaron recuperar o prestixio que tivera o galego no pasado e fora arrebatado por Isabel a Católica, caben destacar os traballos de Pondal, de Curros e de Rosalía de Castro (persoa a que lle debemos a letra do himno galego). Pero por desgraza os avances conseguidos por estas persoas e moitas máis foron irrumpidas pola ditadura de Franco.

  • A terceira razón do avance do galego na sociedade foi a creación da Ed.Galáxia, que facilitou moito a volta do galego a Galicia en plena ditadura. A Ed.Galaxia foi creada en 1950 en Santiago de Compostela e comezou a funcionar plenamente en 1951, e aínda que a súa produción foi irrumpida en varias veces polo estado, publicou unha gran cantidade de libros en galego, o que fixo que os autores galegos que se habían adicado a publicar as súas obras en galego e a loitar contra a  opresión que sufría a súa lingua, puideran facelo directamente en Galiza en vez de en Latino-América.

  • A cuarta razón situase despois da ditadura de Franco, son os autores que seguiron loitando pola normalización do galego e polas protestas realizadas polos propios cidadáns de galiza, sobre todo a xente da cidade que era a que tiña máis recursos. Entre os autores destacados deste momento foron Celso Emilio Ferreiro, Luz Pozo Garza, Xosé Luís Méndez Ferrín.






A influencia das novas tecnoloxías
A primeira publicación periódica escrita integramente en galego foi O Tío Marcos da Portela en 1876 da man de Valentín Lamas. Ao principio publicábase quincenalmente, e despois pasou a publicarse xa semanalmente.
No primeiro terzo do século XX aparecen novas cabeceiras como A Nosa Terra, Nós, etc. E xa coa chegada da democracia, a presenza da lingua galega incrementa na prensa escrita ainda que non será ata finais de século cando se publique o primeiro xornal diario integramente en galego: O Correo Galego (1994), que posteriormente sería sustituido por Galicia Hoxe que finalmente desaparece en 2011 en formato escrito manténdose unicamente en edición dixital. Despois aparecerían numerosos xornais e revistas como O Xornal ou Tempos.
Coa incorporación de Internet, moitas destas publicacións difundiron tamén os contidos en formato dixital. A maioría destes contan con páxinas en Facebook, Twitter e canles de Youtube. Algúns destes xornais son Galicia Confidencial, Tempos, Praza Pública, etc.


Novas formas de literatura
Coa chegada de internet a literatura galega estableceuse neste medio comodamente xa que contamos con numerosas páxinas web, blogs, xornais dixitais, etc. ademáis de programas, aplicacións e recursos que nos permiten manexarse en galego. Inda así, esta presenza é mínima comparada coa do castelán e sobre todo coa do inglés.
Internet ao día de hoxe é o medio de comunicación cunha maior proxección de futuro e o que ten unha maior difusión internacional. A Rede e as novas tecnoloxías ofrecen unha canle para a difusión, o prestixio e a multiplicación das funcións sociais da lingua galega. En definitiva, abren as portas á posibilidade de facer vida en galego.

Medios de Comunicación
O galego chegou a televisión o 24 de julio de 1985 grazas á televisión de Galicia. A súa primeira emisión por vía satélite foi o 31 de diciembre de 1996 cun programa inaugural na explana da do centro de produción e emisión de San Marcos. Actualmente, os seus principais programas son Land Rober e Luar. en canto á prensa, existen numerosos xornais en galego, como A Voz de Galicia, o Faro de Vigo ou o Diario de Pontevedra. Estes dous primeiros son, con diferencia os de máis tirada en Galicia e están entre os dez con máis lectores de España.
Entre as emisoras de radio galegas atópase a Radio Galega, xunto ás frecuencias das emisoras españolas.




Prexuizos
A partir do século XVI Galicia quedou subordinada política e culturalmente a Castela e isto supuxo a penetración do idioma castelán, que se converteu na lingua escrita e na única usada nos usos formais, mentres que o galego, ainda sendo o idioma da inmensa maioría de poboación, quedou relegado aos usos orais e coloquiais das clases populares. Como consecuencia da desigual repartición de usos entre ambas linguas, na conciencia dos falantes creáronse unha serie de valoracións negativas que ainda seguen existindo:
  • A suposta falta de utilidade do galego
  • O galego asociado ao mundo rural, á pobreza, á ignorancia e ao atraso.
  • O uso do galego como sinal de descortesía ou mala educación
  • A suposta imposición do galego
  • O galego como marca ideolóxica  
  • O galego como lingua primitiva ou dialecto
  • O galego normativo comolingua artificial
  • O gaelgo non é unha lingua apta para a ciencia





O Uso do Galego
Actualmente o galego está deixando de ser a primeira lingua que aprendemos de pequenos, e non é porque os familiares non o coñecen, se non porque pensan que có castelán terá máis posibilidades na vida que co galego. Houbo ocasións nas que aínda que os pais falaban galego falábanlle aos nen@s en galego, estes deciden falar castelán porque os seus amigos o falan ou se senten discriminados por eso.




martes, 7 de febrero de 2017

Terceiro Proxecto.

Proxecto
Acontecimentos históricos:
  • Estatuto de Autonomía de Galicia (1936):
O Estatuto de Autonomía de Galicia foi apoiado maioritariamente en referendo o 28 de xuño de 1936 pero tan só foi admitido a trámite por mor da Guerra Civil española e tamén debido a que Galicia foi territorio en poder dos sublevados dende o inicio da contenda.

Algúns dos principais artigos do Estatuto eran:
Art.1.º Galicia organízase como rexión autónoma no Estado Español, de conformidade coa Constitución da República e co presente Estatuto.
O seu territorio é o dos municipios dentro dos actuais límites administrativos das catro provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Art.2.º Poderase agregar a Galicia calquera territorio limítrofe de características históricas, culturais, económicas e xeográficas análogas, mediante os requisitos que as leis xerais establezan.
Art.4.º Serán idiomas oficiais en Galicia o castelán e o galego; pero nas relacións oficiais da rexión con autoridades doutras rexións e co Estado, usarase sempre o castelán.

  • Constitución española de 1978:
Como parte da Transición Española cara á democracia, a morte do ditador Xeral Francisco Franco, o 20 de novembro de 1975, supuxo a proclamación como rei de Don Juan Carlos I, e pouco despois, en xullo de 1976, a formación dun Goberno presidido por Adolfo Suárez González, e designado segundo a lexislación vixente.




  • Lei de normalización lingüística:
Foi publicada o 14 de xullo de 1983.A lei de Normalización Lingüística é un desenvolvemento do estatuto de autonomía de Galicia que ten como obxectivo normalizar a situación do idioma galego tanto na súa situación legal como no seu uso.

Entre as súas disposicións mais importantes figuran:
Artigo 1: O galego é a lingua propia de Galicia.
Artigo 3: Os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua.
Artigo 10: 1. Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.
Artigo 14: 1. A lingua galega é materia de estudio obrigatorio en tódolos niveis educativos non universitarios. Garantirase o uso efectivo deste dereito en tódolos centros públicos e privados.





Poesía de finais do século XX:
Durante o final do século XX en Galicia a poesía estaba escrita principalmente por por numerosos grupos de autores entre os que destacan Grupo Rompente, Cravo Fondo, Loia, Dolmen, Alén…
Tamén destacan autores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Arcadio López-Casanova, Eduardo Estévez, Celso Fernández Sanmartín...



Narrativa de finais do século XX:

Con posterioridade á Nova Narrativa Galega, apréciase na narrativa galega unha grande dispersión de estilos e tendencias. Nesta época, a produción neste xénero coñecerá unha máis que notábel ampliación temática, así como tamén un incremento na nómina de subxéneros (novela policial, novela histórica, novela pseudohistórica, novela infanto-xuvenil, novela de aventuras,...) debida en boa parte á incorporación dun novo público xuvenil -a denominada "literatura de instituto"- para o que se escriben textos supostamente accesibles.
Tipos:
  • A) Novela histórica: trátase de textos que recrean a historia de Galicia desde un triplo posicionamento: rescatar, mediante a ficción, esa historia como elemento nacionalitario; procura dun público afeccionado a este subxénero que ata o momento non existía en galego; establecer un verdadeiro exercicio lingüístico que posibilite a madurez da narración en lingua galega.
  • B) Novela policíaca: ademais da función de puro divertimento, moitos destes textos pretenden incorporar unha verdadeira radiografía da sociedade galega moderna con todo o conxunto de transformacións e cambios sociais, políticos, culturais... que se están a vivir no seu seo.
  • C) Novela intimista ou xeracional: rexístranse un conxunto de novelas e relatos que levan adiante unha exploración na educación sentimental dos seus protagonistas vinculados ás xeracións que viviron a súa infancia nos derradeiros anos do franquismo.
  • D) Novela fantástico-política: trátase de obras que presentan momentos da historia desde a óptica do "if", xa sexa no pasado ou no futuro para levar adiante unha crítica da nosa historia ou unha proxección posible da mesma.
  • E) Novela urbana: emparentada co chamado "realismo sucio", vén ser unha posta ao día do costumisto con carga de denuncia social e afán de representar a sociedade galega cambiante da Autonomía.

A narrativa de finais do século foi escrita  por numerosos autores como Agustín Fernández Paz, Xosé Luis Méndez Ferrín, Carlos Casares, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey





O Teatro de finais do século XX


No teatro os que faran que cambie serán os dramaturgos do grupo Abrente.
Aínda coa existencia do teatro institucional, os grupos afeccionados seguirán a dominar no panorama dramático galego.

De feito, a profesora Laura Tato, no seu traballo O teatro actual , afirma que, na primeira metade da década de 1990, Galiza só contaba con catro compañías profesionais á marxe do CDG. Derivado desta situación, chégase a tesituras realmente kafkianas. Así, por pór un exemplo, un dos dramaturgos e actores máis experimentados, Manuel Lourenzo, engrosou, ata a súa aparición nunha coñecida serie televisiva (Mareas vivas), a listaxe de afeccionados.

Debemos sinalar tamén que os premios de teatro axudan a normalizar a creación teatral, entre os que podemos mencionar: o Álvaro Cunqueiro da Xunta de Galicia, o Rafael Dieste da Deputación da Coruña e mesmo os Premios Compostela de Teatro do xornal El Correo Gallego.

Canto aos novos creadores, está xeralmente admitida a existencia dunha promoción dos oitenta e mais dunha promoción dos noventa. A pesar disto, non todos os estudosos teatrais coinciden en fixar os mesmos límites para o inicio e a fin das mesmas.




O ensaio de finais do século XX

O ensaio non tivo moita actividade aínda que aparecen sinais de recuperación tras a escasa produción durante a Guerra Civil os principais ensaístas desta época foron Ramón Máiz, Xusto González, Pegerto Saavedra, Xosé Ramón Barreiro, Ramón Villares...




A situación actual:
Actualmente o xénero máis desenvolvido en galego e a narrativa pero tamén hai obras de teatro e poesía.
  • A partir de 1975 orixinouse un aumento significativo da producción literaria en galego, entre outros, as circunstancias que posibilitaron isto foron:
  • O xurdimento de novas editorias que deron un novo pulo á publicación de textos en galego.
  • Aumentaron a publicación de libros en galego, sobre todo a partir da incorporación do galego no ensino.
  • As editorias incorporaron traduciós ao galego dos grandes clásicos da literatura universal, o que posibilitou o aceso dos lectores a esas obras na nosa lingua.
  • Créaronse premios literarios que contribúen á difusión de novos autores e novas obras.
  • Nos últimos anos tamén se pode conseguir literatura a traves de internet, xa que contamos con editorias electrónicas e ademáis algúns escritores non so publican as sua obras en papel, senon que tamén en versión dixital.

  • Todo isto provocou  que se multiplicaran o número de libros en poesía, narrativa, así coma montaxes teatrais.





Temas: Preguntas do xogo.
  • Autores e editoriais:


  • 1º Cal destes autores aínda vivo gañou o Premio Nacional de Literatura no ano 2008?
a)Xosé Luís Ferrín       b)Fina Casalderrey    c)Manuel Machado

  • 2º Cal destes autores é o fundador da  Editorial Galaxia?
a) Ramón Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro        b)Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal        c)Castelao, Álvaro Cunqueiro, Méndez Ferrín

  • 3º Cando se fundou a Editorial Galaxia?
a)2000         b)1569         c)1951


  • 4º Quen foi o primer presidente de Galicia despois da República?
a)Alberto Ñúñez Feijoo          b)Mariano Rajoy Brey        c) Gerardo Fernández Albor

  • 5º Cal destas obras de Ramón Cabanillas pertence ao xénero teatral?
a)No desterro             b)Camiños no tempo                c)O Mariscal


  • 6º Cal destas obras pertence a Agustín Fernández Paz?
a)Camiños no tempo      b)Cartas de inverno   c)Cartas marruecas

  • 7º Cal destes autores destacou principalmente no ensaio?
a)Pegerto Saavedra       b)Eduardo Blanco Amor    c)Ramón María de Valle-Inclán

  • 8º Cal destes movementos foi creado por Ramón María de Valle-Inclán?
a)Realismo               b)Modernismo         c)Esperpento

  • 9º Cal destes autores exerceu como director do Faro de Vigo?
a)Álvaro Cunqueiro      b)Castelao      c)Rosalía de Castro

  • 10º Quen é o autor/a da obra Follas novas?
Rosalía de Castro

  • 11º Cando celébrase o día das Letras Galegas?
O 17 de maio

  • 12º Cal destas obras pertence a Fina Casalderrey?
a)Cartas marruecas     b)Mutacións Xenéticas   c)Os Eoas

  • 13º Que escritor, xunto ao músico Pascual Veiga, deu vida ao actual Himno Galego?
Eduardo Pondal

  • 14º Quen é o autor da obra O Divino Sainete?
Manuel Curros de Enríquez


Xeografía de Galicia
  • 1º A que autor está dedicado o monumento situado na alameda de Redondela?
Castelao


  • 2º Cal é o nome do autor galego que lle da nome ao hospital de Vigo?
Álvaro Cunqueiro

  • 3º Cal é o nome do famoso faro da Coruña?
A Torre de Hércules

  • 4º En que cidade galega naceu Rosalía de Castro?
Santiago de Compostela

  • 5º Cal é o punto máis occidental da Península Ibérica?
Fisterra

  • 6º Cantas rías hai na costa das Rías Baixas de Galicia?
5:Corcubión, Vigo, Muros de Noia, Arousa e Pontevedra

  • 7º Cal e o pico máis alto de Galicia?
Pena Trevinca

  • 8º Cal é o afluente máis importante do río Miño?
O río Sil

  • 9º En que arquípelago galego encóntrase a praia de Rodas, elexida pola revista The Guardian como a praia máis fermosa do mundo?
As illas Cíes

  • 10º En que costa de Galicia afundiuse o Prestige?
Na Costa da Morte

  • 11ºCal é o edificio máis alto de Galicia?
a)Edificio Trébol           b)Torre Galicia        c)Torre Costa Rica









Historia de Galicia
  • 1º Ano no que Franco deu o golpe de estado
a)1936           b) 1900            c)1945

  • 2º En que ano fúndouse o primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia?
a)1803        b)1981          c)2006

  • 3º En que ano foi publicada a Lei de Normalización Lingüística de Galicia?
a)1638          b)2007           c)1983

  • 4º Cales son as cidades máis poboadas de Galega?
a)Lugo e Ourense       b)Vigo e A Coruña       c)A Coruña e Pontevedra

  • 5º Como se chamaba Galicia durante a invasión romana?
a)Gallaecia           b)Galaica        c)Galia

  • 6º Que pobo xermano invadiu Galicia no siglo V?
a)Teutóns         b)Suevos          c)Tudescos


  • 7º En cantos reinos estaba dividido Galicia no século IX?
7

  • 8º Cando se integrou definitivamente Galicia na Coroa de Castela?
a)1895             b)972            c)1230

  • 9º Cando se separou Portugal de Galicia?
a)386              b)1169          c)1548

  • 10º Cando se creou a Real Academia Galega?
a)2002        b)1945      c)1906

  • 11º Quen foi o guerreiro máis famoso de Galicia?
a)Arturo           b)Breogán         c)Ricardo Corazón de León

  • 12º Cando se formou a Xunta de Galicia?
a)1978        b)2000         c)1872





  • Obras
1º A quen pertence: Xoguetes para un tempo prohibido?
a)Carlos Casares    b)Padre Sarmiento     c)Luis Seoane

2º A quen pertence: Memorias dun neno labrego?
a)Rosalía de Castro  b)Xosé Neira Vilas  c)Eduardo Pondal

A quen pertence: Longa noite de pedra?
a)Manuel Curros Enríquez  b)Manuel Murguia  c)Celso Emilio Ferreiro

4º A quen pertence:Con pólvora e magnolias?
a)Castelao  b)Alvaro cunqueiro  c) X.L. Méndez Ferrín

A quen pertence: Os biosbardos?
a)Eduardo Blanco Amor      b)Eduardo Pondal       c)Marilar Aleixandre

A quen pertence: Si o vello Sinbad volvese ás illas?
a)Rosalía de Castro       b)Álvaro Cunqueiro       c)Ramón Cabanillas

A quen pertence: Retorno a Tagen Ata?
a)Castelao                   b)Valle-Inclán             c)Xosé Luís Ferrín

A quen pertence: O soño sulagado?
a)Manuel Murgía        b)Celso Emilio Ferreiro       c)Xosé Neira Vilas

A quen pertence: A Esmorga?
a)Fina Casalderrey      b)Manuel María         c)Eduardo Blanco Amor

10º A quen pertence: Libro de Entroido?
a)Manuel Rivas          b)Castelao          c)Manuel Curros Enríquez

11º A quen pertence: A noite vai coma un río?
a)Ánxel Fole         b)Álvaro Cunqueiro         c)Antonio Noriega

12º A quen pertence: Voce na néboa?
a)Xosé Luís Méndez Ferrín         b)Agustín Fernández Paz         c)Carlos Casares



Identificación de géneros literarios

1ºA que xénero pertence: Longa noite de pedra.

(Poesía)


2ºA que xénero pertence: A Esmorga
(Narrativa)

3ºA que xénero pertence: Si o vello Sinbad volvese ás illas
(Narrativa)

4ºA que xénero pertence: Non vexo Vigo nin Cangas
(Poesía)

5º A que xénero pertence: Lingua e sociedade na Galiza
(Ensaio)

6º A que xénero pertence: E ti quen vés sendo.
(Teatro)

7º A que xénero pertence: Libro de Entroido.
(Poesía)

8º A que xénero pertence: Antón e os inocentes.
(Narrativa)
9º A que xénero pertence: Voce na néboa.
(Poesía)

10º A que xénero pertence: O soño sulagado.
(Narrativa)

11º A que xénero pertence: A noite vai coma un río.
(Teatro)

12º A que xénero pertence: A cociña galega.
( Ensayo)





  • Situación actual
  • 1º Hay máis edicións de libros en galego ou de traducións?


  • 2º Está o galego representado abundantemente na música, noticias, deportes…?Razoa a resposta


  • 3º Cal das seguintes autoras segue escribindo actualmente?
a)Marilar Aleixandre        b)Luz Pozo          c)Rosalía de Castro


  • 4º Como se chama o presentador do programa da TVG Land Rober?


  • 5º Cando foi a primeira emisión da TVG?
a)1985             b)2010         c)1893

  • 6º Decide 3 programas actuales da TVG


  • 7º Que canción tocou a Rondalla de Mos o día de Reis e Redondela?


  • 8º Que grupo de xóvenes galegos está despuntando nas listas de música de España?


  • 9º Quen foi o deportista galego que gañou o premio princesa de Asturias dos deportes?


  • 10º Quen é o músico galego máis importante (que toca a gaita)?


  • 11º Que equipo galego está en segunda división da liga española de futbol?


  • 12º Cal é o xornal galego máis lido?
A Voz de Galicia


Este traballo foi realizado por:
Angel Pérez Bouzas
Rubén Roza Castro
Alejandro Santos Fernández

Todas as persoas mecionadas na parte de arriba traballaron no traballo de forma equitativa, de forma que todos participaron en cada unha das partes do proxecto.

Materiais:
-Papel
-Impresora
-Tablero do trivial. 
-Dados
-Ideas
-Tempo