Proxecto.
O Franquismo en Galicia
O Franquismo en Galicia
A literatura do Exilio
Durante 1940-1950 a única producción literaria en galego será a que se leva a cabo no exilio americano. Entre os exiliados están Castelao, Luís Seoane, Rafael Dieste, Eduardo Blanco Amor, Ramón de Valenzuela, etc.
A partir dos anos 50 van xurdindo en Galicia pouco a pouco iniciativas culturais que procuran a defensa e recuperación da nosa lingua e da nosa cultura. Xorden así editoriais como Monterrey, Edicións do Castro, a colección de poesía Benito Soto e sobre todo a Ed. Galaxia, que inicia a recuperación das letras galegas.
-A poesía do exilio:
Luís Seoane:
Home polifacético, destacou nas artes plásticas e na poesía. As súas principais obras foron “Fardel de exiliado”, “Na brétema”, “Sant-Iago”, ”As cicatrices” e “A maior abondamento”. A súa poesía caracterízase pola denuncia social. Os temas principais da súa obra son a diáspora (emigración e exilio) e a historia de Galicia desde a Idade Media ata os nosos días, centrándose nas persoas máis humildes.
Lorenzo Varela:
É o autor dos poemarios: “Catro poemas para catro gravados”, con gravados de Luís Seoane e Lonxe, sobre a súa experiencia persoal no exilio e a saúde da terra.
Emilio Pita:
O seu primeiro libro foi “Jacobusland”, que trata sobre a traxedia da
Guerra Civil e a visión nostálxica da natuireza galega. Máis tarde publica “Cantigas de nenos”, “Os relembros”, “As cantigas” e “O Ronsel verdegal”.
-A narrativa do exilio:
Ramón de Valenzuela:
As súas novelas teñen un carácter autobiográfico e constitúen un documento narrativo sobre a época. Escribiu dous libros, “Non agardarei por ninguén” e “Era tempo de apandar”.
Silvio Santiago:
En “Vilardevós” fai unha pintura de costumes a partir das lembranzas da súa infancia e mocidade no medio rural. “O silencio redimido” é unha novela autobiográfica en que relata a época da súa condena, fuxida e desterro.
Eduardo Blanco Amor:
A súa obra abrangue todos os campos, escribiu poesía, teatro, narrativa e ensaio. As súas principais obras son “A Esmorga”, desenvolve unha historia tráxica que transcorre por diversos escenarios do ambiente urbano ou suburbial de Auria. Outra das súas obras foi “Os biosbardos”, que reune un conxunto de relatos breves protagonizados por rapaces de Auria que contan as súas experiencias persoais e informan acerca dos maodaos de vida daquel tempo.
-O teatro do exilio:
No exilio americano houbo actores e compañías que continuaron cultivando o teatro galego. Cómpre destacar a compañía Maruxa Villanueva con “Os vellos non deben de namorarse”.
En Galicia a literatura galega queda amordazada ata que en 1950, e especialmente grazas a creación da editorial Galaxia, se inicia a recuperación das nosas letras.
A Xeración do 36.
Está formada polos escritores que naceron entre 1910 e 1920. Moitos deles xa publicaran obras antes da guerra, pero será agora cando publiquen os seus textos máis significativos.
Pertencen a esta xeración: Celso Emilio Ferreiro, Xosé María Díaz Castro, María Mariño,etc. Entre estes destaca principalmente Celso.
Celso Emilio Ferreiro:
Foi o autor referentes para os poetas da súa época. Na súa poesía diferéncianse tres liñas temáticas: a liña social, de carácter reivindicativo;a liña intimista, que expresa o seu desacougo e a liña satírica denuncia a mesquinidade humana cun ton ácedo e crítico. Na súa escrita diferéncianse unha lingua coloquial e popular con elementos positivos e negativos.
A Promoción do Enlace.
É unha xeración formada por autores que nacen nos anos 20. Estes escritores serven de ponte ou enlace entre a xeración anterior e os máis novos. Alguns destes poetas son: Antón Tovar, Luz Pozo Garza, Manuel Cuña Novas, María do Carme Kruckenbe,etc. Entre estes destaca Luz Pozo.
Luz Pozo Garza:
A temática da súa poesía céntrase nunha liña intimista e noutra liña comprometida e solidaria. Nos seus versos teñen unha importante presenza as pinturas e a música.
Ademais dos seu labor poético, tamen cabe destacar a súa obra ensaística posto que ela foi unha das pioneiras no cultivo da crítica literaria.
A Xeración das Festas Minervais.
A xeración das Festas Minervais está formada por escritores nacidos entre 1930 e 1940 que levaron a cabo unha profunda renovación da poesía galega. A maioría dos escritores que a forman teñen formación universitaria, participaron nas Festas Minervais e escribiron no xornal compostelán “La Noche”.Son escritores monolingües en galego, vinculáronse ao proxecto cultural Galaxia e mantiveron un activo compromiso político. Pertencen a esta xeración: Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, Manuel María, Xohana Torres,Antón Avilés de Taramancos, Bernardino Graña,etc. Entre os que destacan os seguintes:
Antón Avilés de Taramancos:
Na súa poesía poden diferenciarse dúas etapas, a primeira, anterior á emigración e a segunda, que se inicia tras o seu regreso.As súas principais obras son As moradías do vento, A frauta e o gargamelo e Tempo no espello.
Bernardino Graña:
Na súa poesía destacan dous temas principais, o amor e a natureza. É coñecido como o poeta do mar polos seus libros “Profecía do mar” e “Non vexo Vigo nin Cangas”. outros dos seus libros famosos son, Poema do home que quixo vivir, Se o noso amor e os peixes…
Xosé Luís Méndez Ferrín:
A súa obra narrativa inclúe contos e novelas. As súas primeiras obras encádranse dentro da Nova Narrativa Galega. Protagonizadas por antiheroes que se moven en ambientes sórdidos. Mais tarde nos anos 70 escribe obras de temática politica. E finalmente desde 1980 combina a fantasía e as recreacións míticas da materia de Bretaña con compromiso político.
Uxío Novoneyra:
Foi un poeta que pertenceu á xeración das Festas Minervais. A súa poesía ten unha forte relación coa terra lucense e foi chamado “O Poeta do Courel”. Estaba p sicionado fortemente no galeguismo e a súa poesía era de carácter paisaxista, amorosa e en menor medida, social.
O teatro nos anos da posgerra
O desenvolvemento que o xénero teatral experimentará durante o primeiro terzo do século XX deteuse por causa da Guerra Civil. Isto fixo que só se producise durante o exilio americano, como por exemplo, Blanco Amor ou Luís Seoane.
A creación retomouse e 1950 coa editorial Galaxia e a mediados dos sesenta grazas ao labor de diversos grupos. Os principais dramaturgos da época son Cunqueiro e Fole ademais dos ditos anteriormente.
Álvaro Cunqueiro:
Cunqueiro foi narrador, poeta, dramaturgo e ensaísta ainda que destacou maiormente na narrativa.
-En narrativa escribiu novelas e libros de relatos.
Nas novelas escribiu: “Merlín e familia”, “As crónicas de sochantre” e “Se o vello sinbad volvese ás illas”.
Nos libros de relatos escribiu. “Escola de menciñeiros”, “Xente de
aquí e de escolá” e “Os outros feirantes”
-En canto a poesía na posquerra escribiu “Dona do corpo delgado” e “Herba aquí ou acolá”.
-En teatro escribiu “O incierto señor don Halmet”, “Príncipe de Dinamarca” e “A noite vai como un río”.
-E no ensaio escribiu “Tesouros novos e vellos” que será o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega.
Ánxel Fole.
Destacou principalmente na narrativa ainda que tamen escribiu teatro.
A súa obra narrativa está formado principalmente por catro libros de contos: “Á lus do candil”, “Terra brava”, “Contos da néboa” e “Historias que ninguén cre”.
En canto ao teatro escribiu “Pauto do demo”
A narrativa da posguerra.
A partir dos anos cincuenta recupérase a producción perdida pola guerra, Nos anos sesenta aparece unha nova xeración , a Nova Narrativa Galega, sobre todo grazas á editorial Galaxia.
que vai renovar a literatura incorporando novas técnicas e temas.
Os principais autores da época son Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole e a Nova Narrativa Galega
Nova Narrativa Galega:
Son un grupo de autores que publicaron as suas obras ao final dos 50 e na década dos 60, estes autores pretendian superar aos modelos literarias existentes ata esa época.
As principales novidades que achegan as suas obras son:
-Presenza de personaxes anónimos, marxinais, desarraigados, desorientados, violentos…
-O mundo do subsconciente.
-Ambientes urbanos claustrófobos é sórdidos.
-Pluraliedade de voces narrativas.
-Predominio do monólogo interior ou fluir da conciencia.
-Tecnica do ollo cinematografico.
Este grupo o integran: Gozalo R.Mourullo, Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, María Xosé Queizán, Xohana Torres...
Reversión Social
Pag 1
O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".

Pag2
Dos 40 a os 60.
Reversión Social
Pag 1
O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
Pag2
Dos 40 a os 60.
Os anos 40:
Estes anos caracterizaronse polo o traslado da poesía galega ao exilio.
Os anos 50:
Os anos 50 van a supor o traslado da literatura galega de América a Galicia, especialmente a partir da creación da Ed. Galaxia.
Esta literatura caracterizarase por unha presenza social moi forte.
Os anos 60:
Durante estes anos houbo unha gran presenza da literatura social. Na narrativa destacan Xosé Neira Vilas e a Nova Narrativa Galega e na poesía a Xeración das Festas Minervais.
Pag3
Esta literatura caracterizarase por unha presenza social moi forte.
Os anos 60:
Durante estes anos houbo unha gran presenza da literatura social. Na narrativa destacan Xosé Neira Vilas e a Nova Narrativa Galega e na poesía a Xeración das Festas Minervais.
Pag3
Xeración do 36:
Está formada poloos autores que naceros entre 1910 e 1920. Moitos deles publicaron obras antes da Guerra, pero será nos anos 50 cando publiquen os seus textos máis significativos.
Pertencen a esta xeración Celso Emilio Ferreiro, Xosé María Díez Castro, María Mariño, etc.
Promoción do Enlace:
É unha xeración formada por autores nacidos entre os anos 1920 e 1930. Estes escritores serven de ponte entre a xeración do 36 e a das Festas Minervais. Os poetras máis destacados son: Antón Tobar, Loz Pozo Garza, Manuel Cuña Novas, María do Carme Kruckenberg, etc.
Está formada poloos autores que naceros entre 1910 e 1920. Moitos deles publicaron obras antes da Guerra, pero será nos anos 50 cando publiquen os seus textos máis significativos.
Pertencen a esta xeración Celso Emilio Ferreiro, Xosé María Díez Castro, María Mariño, etc.
Promoción do Enlace:
É unha xeración formada por autores nacidos entre os anos 1920 e 1930. Estes escritores serven de ponte entre a xeración do 36 e a das Festas Minervais. Os poetras máis destacados son: Antón Tobar, Loz Pozo Garza, Manuel Cuña Novas, María do Carme Kruckenberg, etc.
Pag 4
Outros Autores:
-Xosé Neira Vilas:
Este autor pertenceu a “Os Novos” da literatura galega.A sua obra estaba desenvolta maoritariamente nun ambiente rural e protagonizada por personaxes adultos e infantís. Na sua obra tamén hai unha gran abundancia do monologo interior da descrición comprensión do mundo que rodea aos personaxes.
A Xeración das Festas Minervais: Foron un grupo de autores a e autoras que naceron todas entre 1930 e 1940. dentro de Xeración das Festas Minervais, existen dous grupos, o A Escola da Tebra, cuxa poesía era de liña intimista e o Grupo Brais Pinto, de liña social e política reivindicativa
Links para máis información:
Este proyecto foi realizado por: Alejandro Santos Fernández, Angel Pérez Bouzas.
Este traballo foi realizado por todos os participantes por partes iguais tanto na recopilación da información, como na sua redacción, fixemos todas as partes do traballo xuntos e non hai ningunha parte individual.




No hay comentarios:
Publicar un comentario